As protestas do sector do mar debéronse a "malentendidos"
Así o considera a conselleira do Mar, Rosa Quintana, que ofrece diálogo para dar "todas as explicacións" que sexan necesarias
As críticas do sector e as protestas que chegaron a reunir a 30.000 persoas en Santiago, segundo as cifras da organización, debéronse a "malentendidos". Canto menos así o considera a conselleira do Mar, Rosa Quintana, que ofrece "diálogo" para dar "todas as explicacións" que sexan necesarias
No seu momento Quintana xa afirmara que non se sentía desautorizada polas críticas que levaron á retirada do anteproxecto da Lei de Acuicultura nin pola manifestación de Santiago.
Está convencida de que "dende 2009 á actualidade houbo melloras" e, por iso, considerou que puido haber "unha mala información" cara ao sector.
.
Ante preguntas dos xornalistas sobre as últimas mobilizacións e sobre o compromiso de convocar o pleno do Consello Galego de Pesca, a conselleira dixo que se convocará unha vez que se renoven algúns dos seus cargos e de que se "actualicen" todas as comisións. Espera que este proceso esté culminado para a semana que vén.
Escribe tu comentario