Quintana non se sinte "desautorizada" pola manifestación da xente do mar
Acusa aos "pseudopolíticos" da oposición de "enganar" co anteproxecto da Lei de Acuicultura
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, non se sinte "desautorizada" trala manifestación na que miles de persoas protestaron esixindo un cambio de rumbo no sector do Mar. Lamenta que se chegara a esta situación, pero responsabiliza en parte aos "pseudopolíticos" da oposición.
Quintana acusou á oposicón de "enganar" co anteproxecto de Lei de acuicultura, pretendendo decir que o borrador estaba en tramitación parlamentaria. Aínda así, asume "parte de culpa" por non ser quen de transmitir "cales eran os obxectivos" do retirado anteproxecto, que segundo dixo nin daba entrada a multinacionais nin favorecía a expropiación de terreos.
"Non me sinto desautorizada, todo o contrario". Lamenta que se chegara a esta situacón pero por iso "convocarei nos próximos días o pleno do Consello Galego de Pesca", anunciou declarando que sempre mantivera a intención de dialogar co sector.
Asegurou ademais que moitos dos políticos que acompañaron ao sector pesqueiro, marisqueiro e acuícula "non sei onde estaban cando tiñan que defender os intereses do noso sector".
Por último, Quintana apelou á unidade do sector para conseguir "un sector forte, un sector que teña claro traballar na defensa do seu sen ir en contra de ninguén. Creo que son as claves fundamentais para seguir avanzando", apuntou.
Escribe tu comentario