O SOCIÓMETRO VASCO

Manuel Fernando González Iglesias

O Goberno de Euskadi deu a coñecer os datos do seu sociómetro que ofrece datos moi interesantes sobre cal pode ser a repartición de escanos nas eleccións que se van a celebrar nesa comunidade-nación a finais deste ano 2016.


Non hai que ser un experto para ler que estas cifras --nas que o gran triunfador é o colectivo Podemos-- abocan a nacionalistas do PNV e Socialistas a pactar xa a investidura en Madrid para, logo, se é necesario, consolidar unha maioría "axustada" no goberno que ha de formarse no País Vasco.


Se Sánchez, polo contrario, escolle a Pablo Iglesias como consorte político para toda unha lexislatura española, só cabería pechar o mesmo acordo en Ajuria Enea, pero esta vez nun triángulo amoroso de tres, para configurar, iso si, unha maioría absoluta confortable, que, en principio, non estaría ben contemplada polas bases peneuvistas ás que os experimentos só lles gusta con gasosa e non entenden tanta promiscuidade.


Así que, ante semellante enquisa, a Pablo Iglesias se lle acaba de engordar a vaidade e, como consecuencia diso, subiulle a tarifa a un Pedro Sánchez, que xa reza para que as escaldadas bases dos podemitas en Euskadi --que, agora mesmo, funcionan a golpe de xestora-- se requenten o suficiente como para provocar unha "asonada popular" que divida a parte do estudo que afecta a Podemos en dous partes case simétricas, que lle rebaixen os fumes ao aiatolá da coleta e así se poida negociar algo con el e os seus mariachis. Se iso non sucede, que é o máis probable, tras as eleccións xerais de xuño, aquí, neste Reino borbónico, van ocorrer cousas moi serias e vostedes poderán participar nelas.



Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE