#Claves de la semana

Os ecoloxistas de Arco Iris alertan contra a proliferación do eucalipto

Acusan ao Clúster da Madeira de Galicia de falsear os datos, asegurando que esta especie "invasora" xa está presente en 1 de cada 3 hectáreas forestais


|



Os ecoloxistas de Arco Iris alertan contra a proliferación dos eucaliptos en Galicia. Denuncian que esta especie "exótica e invasora" xa está presente en 1 de cada 3 hectáreas forestais da nosa comunidade, algo que consideran unha "insostible ameaza" para os nosos ecosistemas forestais. 


Dende Arco Iris acusan ao "poderoso" Clúster da Madeira en Galicia de falsear os datos "de forma descarada" para transmitir unha imaxen sesgada do monte galego ante a opinión pública e os productores, favorecendo "novas plantacións masivas". Denuncian que o clúster presenta un cálculo sesgado que indica que as plantacións de eucalipto ocupan o 10% do territorio, incluíndo no seu cálculo "os montes arbolados e o resto da superficie galega". 


Os ecoloxistas remítense ao IV Inventario Forestal, que eleva a porcentaxe de terreo forestal arbolado con eucaliptos ata o 17,5% do total, cubrindo aproximadamente un cuarto de millón de hectáreas. 


Consideran que a esta cifra habería que engadir outras 185.744 hectáreas nas que segundo os seus datos tamén está presente o eucalipto en forma de plantacións de curta idade ou mezcladas con pino e roble. Sumando estes casos, chegan á conclusión de que 1 de cada 3 hectáreas forestais en Galicia conta coa presenza desta especie "exótica e invasora", algo que crea "unha verdadeira e insostible ameaza".


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE