Rafael Louzán renuncia a liderar o PP de Pontevedra
Rafael Louzán anunciou este venres que non se presentará á reelección como líder dos populares de Pontevedra no congreso provincial que celebrarán o vindeiro 13 de marzo. Trátase dunha decisión que xa estaba “moi, moi valorada” pola súa banda, na que según dixo non influiu a súa situación xudicial, investigado por un suposto delito de suborno.
Rafael Louzán anunciou este venres que non se presentará á reelección como líder dos populares de Pontevedra no congreso provincial que celebrarán o vindeiro 13 de marzo. Trátase dunha decisión que xa estaba “moi, moi valorada” pola súa banda, na que según dixo non influiu a súa situación xudicial, investigado por un suposto delito de suborno.
O que foi presidente da Deputación durante 12 anos entende que “remata un ciclo de actividade política no cal me sentín moi arroupado” e afirma tomar esta decisión “con moita naturalidade”.
Considera que agora se abre un novo ciclo “para que novas persoas den ese paso para encabezar unha candidatura”, que deberán presentar antes do 10 de febreiro. Considera que hai moitas persoas “moi capaces” para sustituilo á fronte do partido, pero polo de agora non adianta nomes.
Louzán insistiu en que se trata dunha decisión natural, que non responde a nada máis que unha lóxica sucesión tras doce anos de goberno e 16 como líder do partido. Confesa que non é unha decisión precipitada, senón algo que xa tiña “moi, moi valorado”.
Ademais de perder o goberno da deputación nas últimas municipais, nos últimos anos Louzán viuse salpicado en varias operacións xudiciais como a Operación Patos, a día de hoxe está sendo investigado por un suposto delito de suborno. Pero cando foi preguntado sobre se a súa situación xudicial influira na súa decisión, contestou cun contundente "nunca".
RENOVACIÓN DE CARAS
Con esta renuncia Rafael Louzán convértese no segundo líder provincial do partido popular que anuncia a súa renuncia esta semana, despois de que Carlos Negreira fixese o propio na Coruña o pasado mércores.
Trátase das primeiras baixas no proceso de renovación de caras comprometido por Feijóo. En marzo celebraranse os 4 congresos provinciais do partido, en Abril celebrarase un cónclave autonómico no que o líder dos populares galegos aínda non aclarou se se presentará.
Escribe tu comentario