#Claves de la semana

Rafael Louzán podería anunciar hoxe a súa renuncia


O PP de Pontevedra reune este venres unha xunta directiva na que estará presente o líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo. O obxectivo é convocar o vindeiro congreso da formación provincial, no que previsiblemente Rafael Louzán se despedirá tras cinco mandatos. 


|


O PP de Pontevedra reúne este venres unha xunta directiva na que estará presente o líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo. O obxectivo é convocar o vindeiro congreso da formación provincial, no que previsiblemente Rafael Louzán se despedirá tras cinco mandatos. 


Trala saída de Baltar pai, Louzán converteuse no líder provincial que leva máis anos á fronte do partido, aínda que como adoitaba recordar é "o máis novo" dos que ata agora exercían como presidentes provinciais do PPdG: 


Nos últimos anos viuse salpicado por causas xudiciais como a Operación Patos, ademais de perder o goberno da Deputación de Pontevedra en favor dos socialistas. 


Segundo varios dirixentes populares, na última campaña "xa estaba de retirada", polo que o máis probable parece que siga os pasos de Carlos Negreira e renuncie a presentarse de novo. 


A presenza de Feijóo en Pontevedra dá aínda máis opcións a esta teoría. O líder dos populares galegos ten previsto comparecer xunto a Louzán, como fixo o pasado mércores con Negreira. 


FUTURO DE BARREIRO


Se se confirma a marcha de Louzán, o único dirixente popular pendente de aclarar o seu futuro será José Manuel Barreiro, o actual presidente do PP de Lugo e voceiro dos populares no senado. 


Este venres tamén se reunirá a xunta directiva en Lugo para convocar o próximo congreso que, en principio, do mesmo xeito que os outros tres,se celebrara duranteo mes de marzo. Aínda que Barreiro non dixo publicamente cal é a súa decisión, dirixentes da provincia consultados  auguran que repetirá.


Entre os argumentos expostos sinalan que foi nomeado de novo portavoz dos populares no Senado, polo que non parece que haxa un indicativo de que queira "abandonar a vida política". Sen unha alternativa "visible e evidente", membros da dirección do partido en Lugo teñen a "percepción" de que "seguirá". "Se quere seguir, seguirá", aseguran.

relacionada A marcha de Negreira abre a renovación do PPdG
relacionada Carlos Negreira renuncia como concelleiro e presidente do PP da Coruña
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE