#Claves de la semana

O xulgado do accidente de Angrois asume o caso das monxas retidas

Agora que a causa está repartida é o turno da Fiscalía para decidir se actúa de oficio, xa que as relixiosas non presentaron denuncia


|



Tras pechar a instrución da causa polo accidente de Angrois co maquinista como único imputado, o Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, que capitanea Andrés Lago Louro, será o encargado de investigar a suposta retención de tres monxas de orixe india nun convento de clausura de Santiago.



Segundo informou este xoves o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o Decanato dos xulgados de Santiago fixo durante esta xornada o sorteo da causa entre os xulgados de instrución, tras recibir un último informe pendente. Esta repartición faise dado que os feitos que se investigan ocorreron nun momento indeterminado.


Agora que a causa xa está repartida é o momento de que a Fiscalía mova ficha e decida se actúa de oficio, xa que as relixiosas supostamente detidas decidiron non presentar denuncia. O novo xuíz instrutor deberá decidir, ademais, se chama a declarar como investigado a algún responsable da congregación.



Nun primeiro momento levou a investigación o Xulgado de Instrución número 1 de Santiago, a cargo de Ana López-Suevos, que realizou as primeiras dilixencias tras recibir unha denuncia que informaba de que varias monxas de orixe india estaban retidas nun convento de clausura de Santiago.



López-Suevos enviou o sábado a unha comitiva xudicial da Policía Nacional ao convento das Mercedarias de Santiago para pedir entrevistarse coas monxas supostamente retidas e tomou declaración a cinco delas, que lle manifestaron o seu desexo de abandonar o convento. 


relacionada Trascenden os testemuños das monxas retidas en Santiago
relacionada A Policía detectou "ameazas veladas" no caso das monxas retidas en Santiago
relacionada As monxas retidas no convento de Santiago non estaban en posesión dos seus pasaportes
relacionada A Xustiza investiga se as tres monxas indias estaban retidas contra a súa vontade
relacionada A policia libera a tres monxas indias retidas contra a súa vontade durante anos nun convento de Santiago
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE