#Claves de la semana

Trascenden os testemuños das monxas retidas en Santiago

As tres relixiosas de orixe India denunciaron trabas para abandonar o convento, ao que chegaron sen saber que era de clausura, segundo adiantou a Cadena Ser

|


Acaban de coñecerse os testemuños das tres monxas de orixe India presuntamente retidas no convento das Madres Mercedarias de Santiago, despois de que a Cadena Ser tivese acceso ás súas declaracións ante o xulgado.


As tres relixiosas coincidiron en asegurar que intentaron deixar o convento anteriormente, atopando a oposición das súas súas superioras, que as ameazaban con reter a súa documentación para que acabaran deportadas.


A primeira das monxas en declarar, S.V. chegou ao convento con 16 anos pensando que sería monxa como no seu país, con "bastante actividade e non de clausura". Ahora quere "abandonar o convento" porque non se encontra "feliz", pero asegura que hai meses, cando dixo que se quería ir, recibiu unha negativa da priora, que lle asegurou que tiña "un contrato que cumprir", ameazando con deportala e retendo a súa tarxeta de intentidade.


A segunda monxa, U.D., tamén declarou que quería abandonar o convento, ao que chegou hai 18 anos. Asegura que tamén intentou marcharse en decembro, e que a nai superiora lle contestou "que se marchase", que non estaban a forzar a ninguén. Pero tampouco lle entregou o cartón (de residencia), avisándoa de que se quería marchar se iría directamente á India e sen cartón.


Por último, A.E. declarou nos mesmos termos que as súas compañeiras, asegurando que cando chegou hai 16 anos non sabía "que se trataba dun convento do que non se podía saír". Explica que só lle deixaban ver á súa familia "cada oito anos", polo que tamén expresou o seu desexo de marcharse. Pero cando pediu o seu pasaporte a resposta da superiora foi que "por agora" non pensara nesas cousas.


A POLICÍA DETECTOU AMEAZAS VELADAS


Os axentes encargados da investigación do caso das monxas indias supostamente retidas no convento das Madres Mercedarias de Santiago advertiron nas súas dilixencias da existencia de "ameazas veladas" cunha posible deportación ao seu país de orixe se abandonaban a congregación.


No escrito que lle trasladaron á xuíza tamén advertiron de que as monxas estaban condicionadas polo "illamento do exterior", pola realización dun "traballo excesivo" e pola "influencia" que exercían sobre elas as súas superiores.


De feito, os axentes chegan a afirmar que as relixiosas parecían ter afectada "a súa capacidade de decisión" pola forma na que entendían a vida no convento e pola propia influencia das superioras. Finalmente, advertiron de que as relixiosas eran "privadas da súa documentación persoal", que tiveron que requerir á congregación cando as monxas decidiron abandonar o recinto.


Este feito incide na teoría das ameazas de deportación cara á India, reforzada por dous casos previos que agora tamén investiga a maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Santiago, que analiza os motivos que levaron en 2011 á deportación de dúas monxas da mesma congregación que tiñan permiso de residencia.

relacionada A Policía detectou "ameazas veladas" no caso das monxas retidas en Santiago
relacionada As monxas retidas no convento de Santiago non estaban en posesión dos seus pasaportes
relacionada A Xustiza investiga se as tres monxas indias estaban retidas contra a súa vontade
relacionada A policia libera a tres monxas indias retidas contra a súa vontade durante anos nun convento de Santiago
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE