As exportacións galegas medran por riba da media española
As exportacións de Galicia creceron un 5,4% entre xaneiro e novembro de 2015 respecto ao mesmo período do ano anterior, un aumento que é superior á media española, que se sitúa no 4,3%, segundo os datos feitos públicos este xoves polo Ministerio de Economía e Competitividade.

Segundo informa a Xunta nun comunicado, este incremento é superior en catro puntos ao mellor rexistro histórico de Galicia, producido no mesmo período de 2013.
Así, a industria tira do crecemento das vendas ao exterior, cun aumento nos 11 primeiros meses de 2015 do téxtil nun 9,9%; dun 5,3%, na automoción; dun 15,2%, en maquinaria; así como dun 18,7%, no sector do moble.
Por iso, o Goberno autonómico considera que Galicia "está a marcar o seu mellor ciclo exportador", con vendas ao exterior que suman un total de 17.396,6 millóns de euros entre xaneiro e novembro.
No tocante ao mes de novembro, a subida é do 10,4% en comparación co mesmo mes de 2014, uns dous puntos por encima da media estatal.
Por outra banda, a balanza comercial galega rexistra un superávit de 3.395,5 millóns de euros, un 14,3% máis que no mesmo período de 2014. Con todo, no conxunto do Estado hai un retroceso do 1,2%.
Escribe tu comentario