O talento gastronómico galego pon a mesa da Organización Mundial do Turismo
A gastronomía de Galicia foi a gran protagonista este mércores da entrega da XII edición dos Premios da Organización Mundial do Turismo (OMT), que acolleu a Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur.

A cea de gala foi dirixida polo chef galego Pepe Solla, Estrela Michelín, en colaboración cos alumnos do Centro Superior de Hostalería de Galicia. A velada contou coa presenza de importantes axentes e representantes turísticos de todo o mundo, polo que a Xunta destaca o seu valor como "escaparate" para a promoción internacional deste recurso.
A maiores, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada de presentar aos finalistas ao premio á innovación en organizacións non gobernamentais.

Escribe tu comentario