#Claves de la semana
A PINZA PP, PSdG, EMPEZA APRETAR NO CONCELLO DE SANTIAGO

PSOE e PP alíanse en Santiago e obrigan a Compostela Aberta a baixar o IBI

O socialista Xavier Carro pide a dimisión de Paco Reyes tras aprobar co PP unha baixada de impostos en Santiago


|

O PSOE e o PP votaron de forma conxunta no pleno do Concello de Santiago para rebaixar o tipo do Imposto de Bens Inmobles (IBI) urbano e rústico do 0,54% ao 0,51%, nunha posición que o alcalde de Compostela Aberta (CA), Martiño Noriega, denunciou como "unha moción de censura encuberta pola vía fiscal", pois a considera "terriblemente irresponsable", xa que suporá que se deixe de ingresar "2,7 millóns de euros".


Aínda que o PP tiña unha emenda presentada no pleno sobre ordenanzas fiscais celebrado este luns na que defendía manter o tipo do IBI no 0,54%, finalmente decidiu retirar a súa proposta para apoiar a do PSOE, que aposta por reducir o tipo ao 0,51%.

Durante o debate, o BNG presentou unha emenda na que figuraba manter o tipo no 0,54%, que nun principio saíu adiante xa que os dous concelleiros nacionalistas votaron a favor e o resto de grupos -PP, PSOE e CA- se abstiveron. Non obstante, posteriormente, votouse a emenda do PSOE para rebaixar o tipo ao 0,51%, e aquí PP e PSOE deron luz verde a esta opción.

Estas dúas votacións deron lugar a unha contradición entre dúas emendas, polo que se produciu unha votación a xeito de desempate na que se debía dilucidar cál das dúas opcións prevalece. De novo aquí, populares e socialistas alzaron a man ao unísono -13 votos sobre 24- para rebaixar o IBI e a súa opción resultou gañadora, fronte a conxelar o actual tipo polo que votaron Compostela Aberta e BNG -11 votos sobre 24-.

Ante isto, o rexedor, Martiño Noriega, arremeteu contra o "cambio" de posición dos populares, que definiu como "sorprendente", ao producirse "unha emenda do PP á súa propia posición para que non lle pase pola dereita o PSOE".

De feito, asegurou que esta votación marcou un "antes e un despois""cunha foto fixa" de alianza entre PSOE e PP, que "vai condicionar o resto da lexislatura". "Se queren gobernar vostedes, gobernen vostedes, democraticamente poden, pero fágano", espetoulles.

"HIPOTECAR" O CONCELLO CUN "SUICIDIO ECONÓMICO"

Aínda que nun principio Compostela defendía subir o tipo do IBI do 0,54% ao 57% seguindo uns criterios de "progresividade fiscal", durante o pleno apoiou a postura do Bloque de mantelo no 0,54%.

De feito, Noriega dirixiuse de forma expresa ao voceiro popular e exalcalde, Agustín Hernández, para explicitarlle que era "mellor" a ordenanza aprobada hai uns meses polos populares na que quedaba o tipo no 0,54%.

Un visiblemente anoxado Noriega polo resultado da votación, deixou claro que "para este lugar de chegada non facía falta tanta camiñada". "Nós non interpretamos as cuestións en clave partidaria, isto non é unha derrota de Compostela Aberta, é unha derrota do conxunto do Concello porque vai ter menos recursos", botou en cara a Agustín Hernández.

Despois de denunciar un intento encuberto de "moción de censura", Noriega recriminou a populares e socialistas: "Non están a gobernar e van quedar moi tranquilos na súa casa, pero nós imos quedar moi apurados cando teñamos que tomar decisións de onde recortar este diñeiro que vai quedar sen ingresar".

Neste sentido, a voceira de Compostela Aberta, María Rozas, cargou contra unha decisión que busca "afogar" e "hipotecar" ao Concello cun "suicidio económico", ao tempo que alertou do impacto que deixar de ingresar 2,7 millóns de euros pode ter sobre partidas sociais. Ademais, censurou a "incoherencia" de populares e socialistas para solo propoñer isto cando están na oposición e non no goberno.

De tal forma, mentres o IBI urbano e rústico se reduce, o que se refire a grandes áreas comerciais mantense no 0,54% debido aos votos de PP e PSOE, mentres o Goberno local defendía subilo.

Pola súa banda, Agustín Hernández (PP) defendeu apoiar a rebaixa do IBI, porque o Concello poderá recadar o diñeiro que deixa de ingresar a través da "inspección tributaria", unha política fiscal máis "áxil" e "outros ingresos".


Ao respecto, Hernández acusou de "demagoxia" que Compostela Aberta asegure que esta decisión pode afectar ás partidas de gasto social, xa que "ten marxe" e "ferramentas" para que non sexa así.

Nesta liña, o voceiro do PSOE de Santiago, Francisco Reyes, defendeu o descenso do tipo no IBI pra "liberar" a "carga" das familias, á vez que cree que "existen recursos económicos" suficientes para destinar gasto social "se se xestiona ben".

En cambio, o voceiro municipal do BNG, Rubén Cela, definiu como "unha mala noticia" o aprobado este luns, posto que non cre que estea baseado en propostas "serias".

Entre outras cuestións sobre ordenanzas fiscais, neste pleno tamén se aprobou a conxelación de impostos sobre vehículos. Aquí todos os grupos da oposición votaron a favor -PP, PSOE e BNG- e tombaron a proposta á alza de CA.

Ademais, non haberá cambios significativos no Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO); inclúense bonificacións en tarifas de vivendas para familias monoparentais; mentres se avoga por gravar aos inmobles baleiros, pero sempre e cando o Estado articule que se entende por estes e non antes de que se leve a cabo unha regulación estatal. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE