#Claves de la semana
CONFLICTO LATEO, SIN CAMBIOS

Os gandeiros de Lugo afirman que o prezo do leite non subiu nada, dende a firma do pacto

A situación "practicamente non mellorou nada" para os produtores. Este xoves reuniranse coa conselleira de Medio Rural para que lles aclare "como está a situación das axudas", segundo o voceiro Roberto López



|

A tractora, no seu paso pola Ronda da Muralla de Lugo


Os gandeiros que protagonizaron as tractoradas na cidade de Lugo, os mesmos que están a promover a constitución dunha organización agraria á marxe dos sindicatos tradicionais, insisten en que o acordo asinado baixo o paraugas do Ministerio de Agricultura non está a ter os efectos desexados, porque o prezo do leite non subiu.


Un dos portavoces dese grupo de gandeiros, Roberto López, confirmou que mañá mesmo manterán unha reunión coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, para que lles aclare "como está a situación das axudas" prometidas ao sector primario, así como as súas impresións sobre o "seguimento" que tería que realizar a Xunta ao cumprimento do citado convenio.

Segundo este gandeiro de Lugo, a situación "practicamente non mellorou nada" para os produtores, salvo "pequenos movementos por parte de pequenos compradores", porque "as industrias fortes" non subiron o prezo "nin medio céntimo" aos seus provedores.

De feito, confirmou que a algún incluso llo baixaron, como lle sucede a un gandeiro lucense que, "con moi boas calidades", viu como a industria que lle recolle o leite baixoulle "medio céntimo cada mes" no último trimestre.

Ademais, tamén informou de que hai industrias que están a asinar contratos a seis meses cos gandeiros a un prezo de "27 céntimos de euro por litro".

En canto á constitución da nova organización agraria, afirmou que continúa "a redacción dos estatutos" e tamén seguen as reunións en diferentes concellos para explicar o proxecto aos gandeiros da provincia.

Confía en que a nova organización vexa a luz con máis de oitocentos asociados. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE