#Claves de la semana
RUPTURAS MATRIMONIAIS EN GALICIA

Crecen un mais de un 7 % as rupturas matrimoniais en Galicia en 2014

Durante o ano pasado rexistráronse 5.948 nulidades, separacións e divorcios


|

As nulidades, separacións e divorcios creceron un 7,13 por cento en Galicia, ata as 5.948, durante o pasado ano 2014 en comparación con 2013, informa o Instituto Nacional de Estadística a través dunha nota de prensa.


A comunidade galega tivo o ano pasado 2,2 rupturas matrimoniais por cada mil habitantes, 0,1 puntos menos que a media nacional situada en 2,3.


Mantense 0,1 puntos por baixo como en 2013, cando con 2,0 Galicia estaba por baixo do 2,1 que se rexistrou no global do Estado.


 En números globais, a comunidade computou 5.948 nulidades, separacións e divorcios, o que supón un aumento dun 7,13 por cento respecto dos 5.552 do período anterior, un crecemento de 396 rupturas.


Por categorías só baixan as nulidades, desde once ata dúas, e aumentan en vinte e seis as separacións, que chegaron a 276, e en 380 os divorcios, que alcanzaron os 5.671 durante 2014. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE