A conselleira Mato “afoga aos concellos cos novos convenios para xestión de centros e escolas
A Consellería de Traballo e Benestar está preparando a extinción do Consorcio Galego de Benestar e a transferencia á nova Axencia Galega de Servizos Sociais dos centros que viña xestionando o Consorcio, escolas infantís e centros de día e residenciais"
“decisión política inexplicable que de levarse a cabo suporía o quebrando de moitos concellos de Galicia”, según a portavoz do PSG Carmen Carballo.
Carmen Gallego, do PSG acusou á Consellería de Traballo e Benestar de “afogar aos concellos” a través dos novos convenios para a xestión de centros e escolas infantís”. A responsable socialista advertiu que a Consellería “esíxelle aos concellos pagar mais polos mesmos servizos” e obrigalos a pagar por uns servizos ao tempo que lles retira competencias.
Gallego dixo que a Consellería “está preparando a extinción do Consorcio Galego de Benestar e a transferencia á nova Axencia Galega de Servizos Sociais dos centros que viña xestionando o Consorcio, escolas infantís e centros de día e residenciais”. Lembra que “a Xunta reduce ao anecdótico a presenza dos concellos na nova Axencia, cun máximo de 5 representantes que non sabemos cómo se escollerán nin si respectarán a pluralidade democrática”.
Engade que “nestes días está trasladando un novo Convenio para que o asinen os concellos que previamente tiñan concerto co Consorcio” para manter a xestión de escolas e centros. Estes convenios, explicou, o goberno galego “unilateralmente, sen consulta previa e sen incrementar os servizos prestados, duplica, triplica ou mesmo cuadriplica o diñeiro que teñen quje aportar os concellos”.
Ademais a Consellería de Traballo e Benestar “pretende que os convenios estean asinados antes do 31 de marzo” mentres “elude responder aos alcaldes e alcaldesas que requiren información sobre esta situación”.
Anunciou que “os socialistas galegos trataremos con tódalas nosas forzas que os convenios non se poñan en marcha e esixiremos maior presenza nos órganos de goberno da Axencia Galega de Servizos sociais.
Falla de diálogo
Gallego lembra que “a conselleira foi incapaz de explicar a absoluta falla de diálogo cos concellos en todo este proceso”, no debate dunha interpelación presentada polo Grupo Socialista en 2014. Ademais, como resultado daquela iniciativa, o PP foi incapaz de aprobar a moción socialista para comprometerse a “algo tan elemental como que o cambio de Consorcio a Axencia se faría sen incrementar os custes para os concellos”.
Considera “inconcibible” o “atraco aos gobernos locais” perpetrado polo goberno de Feijóo, e nomeadamente pola conselleira Mato, ao “afogar aos concellos” con estes novos convenios “só polo feito de desaparecer o Consorcio e a creación da nova Axencia Galega de Servizos Sociais”.
A meirande parte dos concellos, en torno a 270, de tódalas cores políticas, explica, teñen os convenios asinados co Consorcio ata mais alá de 2015, polo que “non hai ningunha esixencia legal que obrigue a cambialos agora”. Apunta que “pódese resolver cunha simple disposición en forma de Decreto ou Orde da Xunta explicitando que se manterán os convenios nos mesmos termos que tiñan co Consorcio”.
Trátase dunha “decisión política inexplicable que de levarse a cabo suporía o quebrando de moitos concellos de Galicia”. Carmen Gallego alerta deste “novo ataque aos servizos de proximidade, aos servizos sociais de carácter local, que xa pretenderon erradicar cando o PP reformou a lexislación de administración local quitándolle aos concellos de menos de 20.000 habitantes as competencias en materia de Servizos Sociais “co aplauso de Feijóo”.
Pregunta “cómo é posible que os que decidiron que os concellos pequenos non podían xestionar os servizos sociais agora queiran impoñer un novo convenio mais caro para participar no gasto dun servizo social para o que xa non teñen competencias”. Esíxelle a Feijóo que explique “si o que quere é que deixen de prestar estes servizos ou que revertan na empresa privada”.
Escribe tu comentario