O PP ataca ás enerxías renovables e penaliza o autoconsumo para beneficiar ás grandes empresas
O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou hoxe a Xunta e goberno central de atacar as enerxías renovables para beneficiar ás grandes enerxéticas. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para paralizar ata 2020 as “peaxes de respaldo” do autoconsumo eléctrico, que foi rexeitada polo PP.
O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou hoxe a Xunta e goberno central de atacar as enerxías renovables para beneficiar ás grandes enerxéticas. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para paralizar ata 2020 as “peaxes de respaldo” do autoconsumo eléctrico, que foi rexeitada polo PP.
Acusou ao PP de respaldar ás grandes empresas eléctricas mantendo os custes de transición á competencia, un “invento” de Aznar para “remunerar baixo man” a estas industrias regulado en 1997 e 2000 penalizando aos consumidores. Grazas ao apoio do PP a nivel nacional e autonómico, dixo, as 3 eléctricas obtiveron 7.126 millóns de euros en 2014, e Endesa tivo unha rendibilidade do 45 por cento en dividendos sobre capital.
Criticou que o goberno central estea respaldando ás grandes empresas penalizando ás enerxías renovables e “como contraparte atacando ao autoconsumo”, cando teñen “menos peso pero mais futuro que os outros sectores”. A demostración é que as grandes potencias europeas están desenvolvendo agora mesmo as enerxías renovables mentres “aquí seguimos a velas vir”.
Ao mesmo tempo, sinalou, o goberno de Feijóo encargouse de “dinamitar o plan eólico” do goberno presidido por Touriño e de paso “enterraron a todo o sector eólico” coa súa regulación, xa que ata o momento non houbo ningún novo parque eólico dende o ano 2006.
Losada lembrou que as comisións nacionais de Enerxía e de Competencia fixeron os seus respectivos informes advertindo das intolerables restricións ao autoconsumo eléctrico, que serían “convenientemente ignorados”, de acordo, lembrou Losada, co propio secretario xeral de Enerxía.
A Axencia Europea do Medio Ambiente, pola súa banda, asinou un informe de 9 puntos a favor do autoconsumo como a liña de actuación enerxética mais acaída, xa que garante a liberdade de cidadáns e empresas, a asignación de recursos a familias e empresas, é motor de crecemento e creación de emprego ou mellora a independencia enerxética.
Tamén supón un vector de eficiencia e aforro enerxético, optimiza o uso de recursos naturais, reduce a emisión de gases de efecto invernadoiro, situaría a España no liderado tecnolóxico “que estamos perdendo de forma evidente”, e anticipa un novo modelo económico.
Os socialistas reclamaron hoxe que a Xunta se dirixa ao Ministerio de Industria para que garanta que as chamadas “peaxes de respaldo” do autoconsumo non se fagan efectivas ata o ano 2020, que estes teñan un custe máximo que non supere en ningún caso o 1 por cento dos custes fixos e desenvolver normativamente o balance neto nun prazo de tres meses.
Escribe tu comentario