A asociación ecoloxista Arco Iris tilda de "tomadura de pelo" as directrices da paisaxe da Xunta, pois considéraas un "despropósito absoluto", á vez que augura un "futuro moi negro para o medio ambiente" de Galicia.


Respecto diso, apunta que "segundo a previsión da Consellería de Medio Ambiente", "ata o 10% do territorio de Galicia estableceríase unha especie de veda, que prohibiría as repoboacións ou novas plantacións de eucalipto". Unha proposta que ve "loable", pero a cal se fai "sen dispoñer dun euro de investimento nin plans normativos para eliminar eucalipto onde proceda".


Sobre este extremo, avisa de que "nestes momentos non existen máis restricións para a expansión do eucalipto por toda Galicia que as limitacións que poidan establecerse a nivel municipal no que se refire ao respecto mínimo aos lindes de vivendas e propiedades".


Arco Iris empraza á Consellería a que "debería centrar os seus esforzo" á aprobación definitiva dos plans de xestión dos parques de O Eume, Invernadeiro e Monte Aloia "no primeiro semestre deste ano, ao que se comprometeu formalmente".

POWERED BY BIGPRESS