O PSOE decidiu suspender temporalmente de militancia a Rosa Méndez, unha das concelleiras de Ferrol que, tras as ruptura do pacto coa marea local, decidiu pasar ao grupo dos non adscritos e permanecer no goberno.
Segundo fontes socialistas consultadas por Europa Press, Ferraz enviou este martes a notificación desta resolución, provisional mentres non se resolva o expediente aberto e que pode desembocar na expulsión definitiva de Méndez do partido.
A outra edila non adscrita que permanece no goberno de Ferrol, María Fernández Lemos, non se ve afectada por esta decisión, tendo en conta que non é militante, senón que se presentou ás eleccións municipais como independente dentro das listas do PSOE.
En canto ao caso de Rosa Méndez, quen concorreu no número cinco da candidatura que encabezaba Beatriz Sestayo, ela mesma chegou a solicitar a mediación dos órganos superiores do PSOE en relación á decisión da executiva local de deixar o goberno.