Filipe VI recibe este xoves o presidente do Parlamento galego
martes, 10 de enero de 2017, 11:14
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, desprazarase este xoves, día 12, a Madrid, onde será recibido en audiencia polo rei Filipe VI.
En concreto, o encontro entre o presidente da Cámara galega e o monarca terá lugar a partir das 13,15 horas no Palacio da Zarzuela.
A audiencia celébrase con motivo do 35 aniversario da creación da Cámara galega, cuxa sesión constitutiva tivo lugar no Pazo de Xelmírez de Santiago o 19 de decembro de 1981.