Unha persoa faleceu na tarde deste venres logo de sufrir un accidente coa súa moto na localidade pontevedresa de Marín, segundo informou o CAE 112 Galicia.
O suceso produciuse ao redor das 14,30 horas deste sábado na vía que une as rúas de Jaime Janer con Ezequiel Massoni da localidade pontevedresa.
A vítima faleceu mentres estaba a ser trasladado en ambulancia a un centro hospitalario a pesar dos esforzos dos servizos de emerxencia por reanimalo. Ata o lugar tamén se desprazaron os Bombeiros do Morrazo, Protección Civil e Policía Local.
OUTROS ACCIDENTES
Dous motoristas resultaron feridos logo de senllos accidentes de circulación rexistrados na tarde deste sábado nas localidades coruñesas de Teo e Culleredo, informou o CAE 112 Galicia.
O primeiro dos sinistros produciuse na estrada que vai desde Pontevea a Milladoiro, concretamente na parroquia de Rarís, situada no municipio de Teo.
O suceso tivo lugar pasadas as 16,00 horas deste sábado cando o motorista sufriu unha saída de vía e tivo que ser trasladado por Urxencias Médicas a un centro hospitalario. O estado do ferido non reviste gravidade.
Unha hora máis tarde, unha colisión entre unha moto e un coche na Avenida de Fonteculler de Culleredo (A Coruña) causou un ferido.
O 112 tivo coñecemento do sucedido ás 17,15 horas, polo que alertou a Urxencias Médicas, que se desprazaron ao lugar do sinistro para atender ao motorista.
O persoal do CAE 112 tamén informou do sucedido aos Bombeiros de Arteixo, Protección Civil e á Policía Local.