A Xunta pecha a partir deste venres, día 6, a campaña de captura da nécora e do santiaguiño, que permanecerá inactiva ata o 2 de xullo no caso da nécora e ata o 1 de outubro para o santiaguiño.


O departamento que dirixe Rosa Quintana persegue con esta medida técnica favorecer a reprodución e reducir o esforzo pesqueiro que soportan as poboacións destas especies en Galicia.


Desde o 1 de xullo de 2016 vendéronse nas lonxas galegas máis de 112 toneladas de nércora, por un importe total duns 2 millóns de euros. No caso do santiaguiño, o período autorizado para a súa captura empezou o 1 de outubro do ano pasado e, desde ese día, vendéronse en lonxa máis de 1.150 quilos desta especie, por un valor de case 74.000 euros.

POWERED BY BIGPRESS