Os dous novos álbums de Malandrómeda, 'Os corenta e oito nomes do inimigo' e 'Cada can que lamba o seu carallo' (Matapadre), publicados á vez en 2016, foron elixido discos nacionais do ano ex aequo na tradicional lista que publica Rockdelux no seu número de xaneiro.


Así, unha recensión de Marcos Gendre destaca este "díptico xenial" de Malandrómeda como "dous clásicos instantáneos que funcionan en perfecta simbiose de contrarios".


"Se 'Os corenta e oito nomes do inimigo' usa a retranca como verbalización do presente no future, 'Cada can que lamba o seu carallo' é a representación máis colorista dunha Galicia global", apunta a revista Rockdelux. Malándromeda tamén se atopa na categoría de cancións nacionais co seu tema 'VHS do futuro' (quinta posición).


Nesta lista, hai máis presenza galega con Triángulo de Amor Bizarro, pois o seu 'Salve discordia' ocupa o sétimo lugar entre os discos nacionais de 2016. Pola súa banda, o vigués Abraham Boba cóase no posto 14 co seu grupo León Benavente e o seu disco '2'.

POWERED BY BIGPRESS