Unha muller estranxeira de 30 anos, E.M., foi agredida supostamente polo seu exparella este venres en Santiago e atópase moi grave tras recibir varias puñaladas no seu domicilio, segundo informan fontes próximas ao caso.


Segundo informa Europapress, a moza recibiu cinco ou seis puñaladas no salón da súa vivenda, unha delas no abdome, polo menos tres no tórax, pola parte posterior, e unha no pescozo, e foi trasladada ao Hospital Clínico de Santiago.


A policía busca ao presunto agresor para proceder á súa detención, segundo sinalan fontes da Delegación do Goberno. O 112 foi alertado dos feitos por un particular.


Pouco despois das 17,00 horas recibiuse a alerta por un posible caso de violencia de xénero e numerosos efectivos médicos e das forzas de seguridade foron desprazados ata a rúa San Pedro de Mezonzo, no Ensanche compostelán.

POWERED BY BIGPRESS