A portavoz do Grupo Municipal do PP no Concello da Coruña, Rosa Galego, reiterou o seu rexeitamento á retirada da vidreira cun escudo franquista do Palacio Municipal de María Pita e expuxo que se destine a "servizos sociais".
Con motivo da negociación do orzamento da Coruña para 2017, e tras presentar o PP á Marea Atlántica o seu documento coas "liñas vermellas", en declaracións aos xornalistas, Rosa Galego asegurou que unha comisión de expertos, durante o goberno do PSOE e o BNG, "xa acordou mantela" por estar incluída "nun conxunto artístico".
"Ferreiro considérase máis experto que ninguén", ironizou a edil do PP sobre o rexedor coruñés. Tamén expuxo que a partida de 60.500 euros destinada na proposta do goberno municipal para esta actuación se dedique "a servizos sociais".
"Esta mesma cantidade podería suplementar as partidas" para entidades como Renacer, Cociña Económica ou Pai Rubinos, citou como exemplos. "Cos 60.500 euros da retirada poderíanse dar 20.200 comidas anuais na Cociña Económica ou 17.285 talóns restaurante ou 700 bolsas comedor", engadiu