A compañía de humor sen palabras Yllana presentou na cidade de Vigo o seu espectáculo teatral xestual e efectos visuais 'Chefs'.

Foron dúas funcións no Auditorio de Vigo. Este espectáculo de teatro xestual e efectos visuais xoga co formato televisivo tan de moda de alta cociña. O protagonista de 'Chefs', un profesional de prestixio que perdeu a súa inspiración, ten que confinar nun disparatado equipo de cociñeiros para crear unha receita espectacular e nova e poder así manter as estrelas do seu restaurante.

O público percorrerá diferentes facetas do mundo da cociña con esta obra; a relación cos alimentos que se inxeren, os animais que nos alimentan e as diferentes cociñas e sabores do mundo, entre outros aspectos.

POWERED BY BIGPRESS