Unha comitiva de 20 representantes da pesca galega levan a cabo un visita a Bruxelas para expoñer ante a UE as necesidades do sector e coñecer as institucións europeas de preto. Todo iso co fin de reclamar máis cotas a escasos días de que se produzan as negociacións entre os ministros de Pesca para as campaña de 2017.
Este mércores acudiron ao Comité das Rexións (CdR), onde foron recibidos polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, quen explicou a función deste organismo e da súa comisión de Recursos Naturais (NAT), encargada dos temas de pesca.
Na xornada do martes, foron recibidos polo director xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea (DG Mare), Joao Aguiar Machado, á vez que tiveron a oportunidade de asistir a unha Comisión de Pesca e recibiron información de diversos eurodeputados.
Así mesmo, acudiron á sede da Fundación Galicia Europa, en Bruxelas, onde asistiron a unha mesa redonda sobre a defensa dos intereses pesqueiros no proceso europeo de toma decisións organizada con motivo da súa visita.
Tamén tiveron oportunidade de visitar o porto pesqueiro de Zeebrugge (Bélxica), no Mar do Norte, onde se entrevistaron con membros da lonxa e a confraría de pescadores.
jueves, 8 de diciembre de 2016, 10:23