A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolle desde este xoves e ata o próximo día 30 a exposición 'Galicia e o Camiño', de pinturas e debuxos de temática galega creados por Rafael Gil Cerracín.
O pintor e a mostra foron presentados polo director do Banco de Alimentos e 'coaching' de directivos Jaime Pereira e, en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez.
Durante o acto, Jiménez sinalou que Gil Cerracín "expón esta exposición como continuación da que celebrou" nestas instalacións e abril de 2011, á que titulou 'Estampas de Galicia' e que incluía tamén fotografía.
"A obra que hoxe nos presenta Rafael é un verdadeiro canto á cor e a fantasía dunha terra que, unha vez que a coñeciches, pasa a formar parte da túa vida. Unha terra onde a choiva é arte e o sol harmonía", declarou Pereira.