A biblioteca municipal de Celanova (Ourense) levará a cabo nos próximos días unha campaña de animación á lectura baixo o título de 'Biblioteca con sabor', a través da cal promoverá o intercambio de libros por alimentos, solidarizándose coas familias máis desfavorecidas.


Nesta singular 'Operación Quilo', a biblioteca municipal entregará un libro a cambio dun quilo de alimentos.


Os libros que serán entregados forman parte do patrimonio bibliográfico municipal doados á súa vez por particulares ou entidades en ocasións anteriores. A biblioteca solicita que os alimentos que se entreguen sexan non perecedoiros ou de longa duración.

POWERED BY BIGPRESS