A Fundación Araguaney-Ponte de Culturas organizará a próxima semana un ciclo de cinema Amal titulado 'Refuxiados no Cinema', en colaboración coa Deputación da Coruña. Poderanse ver sete películas de forma gratuíta do 28 de novembro ao 2 de decembro no Salón Rahid do hotel Eurostas Araguaney de Santiago (rúa Alfredo Brañas, 5), ás 20:00 horas.


Este ciclo pon de manifesto o drama humanitario dos refuxiados e a situación que atravesa o mundo árabe, actualmente con máis de oito conflito armados en activo e millóns de refuxiados. Ademais, a Fundación Araguaney-Ponte de Culturas quere destacar que o refuxiado "non é unha cuestión que xurdise na época actual nin concretamente en Siria, se non que existen desde hai séculos en diversas partes do mundo".

POWERED BY BIGPRESS