Os vigueses non puideron atar a clasificación en Balaídos. //Foto: rc celta


O Celta volve empatar (1-1) fronte ao Standard de Liège e complícase a continuidade en Europa. Os de Berizzo necesitan unha pequena, ou non tan pequena, carambola: gañar en Atenas ao Panathinaikos e que o Ajax, líder matemático do grupo, free as aspiracións do equipo belga, que xogará na súa casa.


Os vigueses encamiñaron o partido nos primeiros minutos cun gol de Iago Aspas, pero o Standard igualou o marcador a falta de 10 minutos, facendo xustiza ao traballo e a insistencia coa que buscaron o gol durante todo o partido. En Balaídos o Celta non deixou a súa mellor imaxe, nun día no que podían demostrar a súa competitividade en momentos decisivos.


A final europea trasládase para os celestes ao próximo choque; iso si, pendentes do que ocorra tamén sobre o céspede do outro lado de Europa. Por riba, non contarán co seu máximo expoñente na procura do gol, Iago Aspas, que viu un cartón vermello xa no tramo final do encontro.

POWERED BY BIGPRESS