A Galería METRO de Santiago organiza no serán deste xoves unha "velada artística" na que o artista galego LOMARTI acompañará aos asistentes ao evento nunha visita guiada pola súa exposición “Romper_Avanzar”, que dará comezo ás 19:30 horas


A través desta efeméride, os asistentes terán a oportunidade de coñecer en primeira persoa a este artista "polifacético cunha longa traxectoria profesional", así como achegarse "ás claves dos seus procesos creativos e compartir con el reflexións en torno a temas de interese relacionados co momento actual da arte".


A Galería METRO, en colaboración con Instituto Europeo Campus Stellae, pretenden deste xeito contribuir a "xerar experiencias en primeira persoa que promovan a participación, o coñecemento e a difusión da creación artística contemporánea".

POWERED BY BIGPRESS