A parlamentaria de En Marea no Congreso Yolanda Díaz criticou as "dobres varas de medir" do Partido Popular na Cámara baixa e censurou que, cando faleceu o deputado por Chunta Aragonesista José Antonio Labordeta, "non se gardou o minuto de silencio" que si que levou a cabo pola morte da senadora Rita , que non formaba parte desta Cámara.
Así se pronunciou este xoves a tamén líder de Esquerda Unida ao ser preguntada nunha rolda de prensa en Santiago pola decisión dos membros do Grupo Unidos Podemos-En Común Podem-En Marea de non participar na homenaxe no Congreso, pero si no Senado.
Respecto diso, Yolanda Díaz enmarcou esta decisión na "absoluta normalidade" dado que "hai unha norma", segundo a cal, cando son senadores e deputados gárdase o minuto de silencio na respectiva cámara.
"O grupo confederal entendeu que Rita Barberá, aínda que non lle gusta nada a ninguén, nin ao propio PP que lle pediu que retirase a acta, era unha muller que estaba no Senado e nós sabemos respectar as institucións, entón aí si estivemos", indicou.
Ante iso, avanzou que En Marea está "moi pendente" ante este tipo de "desgraciadas actuacións" e que espera que, a partir de agora, a presidenta da Cámara, Ana Pastor, "aplique a norma coa rigorosidade que se merece" para que todos os representantes dos cidadáns "sexan iguais".
E é que, segundo considerou, o que ocorreu este mércores "foi bastante rechamante", polo que confiou en que, a partir de agora, "o señora Pastor, que está a ter problemas para liderar o Congreso, tome un pouco máis as rendas do asunto".