O Celta xógase este xoves continuar na Europa League. Coa derrota fronte ao Éibar xa no retrovisor, o equipo vigués prepara a porta pechada o choque contra o Standar de Lieja, que tamén chega necesitado a Balaídos.


Os xogadores levan días coa cabeza metida ao "100% nese partido", conscientes da transcendencia para as aspiracións do conxunto e co recordo do 1-1 no encontro de hai dous meses en Bélxica. En sala de prensa, Señé destacou que "deposis do traballo que fixemos o ano pasado de lograr meternos en Europa é unha ilusión para nós e o nosos obxectivo" continuar na competición.


Para lograr a vitoria, a falta da evolución de Orellana, todo apunta a que Berizzo sacará un once de gala, con Aspas, Guidetti e Sisto como referencias arriba. No medio, Marcelo Díaz escoltado por Pablo Hernández e Wass. A parella de centrais estrá formada por Cabral e Roncaglia, con Jonny e Hugo Mallo como laterais. Para a portería apunta Sergio Álvarez, sancionado, coma Hugo Mallo, para os próximos encontros en Liga.

POWERED BY BIGPRESS