O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, avanzou que a súa formación fará pública "de forma inminente" a súa carta financeira a través da páxina web do partido instrumental para que todos os interesados "poidan coñecela".


Así se pronunciou o dirixente de En Marea este luns nunha rolda de prensa, na que sinalou que, a publicación do documento será "inminente", en canto estea "terminada", na medida na que "hai acordo desde hai tempo".


Este documento, entre outras cuestións, marcará o salario que percibirán os 14 os deputados de En Marea na Cámara galega, así como a previsión da que se destinarán os fondos da formación.


Respecto diso, a dirección de Podemos Galicia avanzou que os parlamentarios autonómicos da súa formación "cumprirán o código ético" que marca que percibirán tres veces o salario mínimo interprofesional, é dicir, uns 1.900 euros.

POWERED BY BIGPRESS