O sindicato Comisións Obreiras de Arousa acusou á empresa Arcatis SLU Eurostars, propietaria do Gran Hotel La Toja, de "represión sindical" polo despedimento de dous empregados cunha traxectoria "intachable" e de "defensa dos traballadores nos procesos de ERE".


Así, o sindicato denunciou que este sábado foi comunicado o despedimento aos dous traballadores, afiliados a Comisións e membros do Comité de Empresa, que tiñan unha antigüidade na empresa "de 34 e 17 anos, respectivamente".


Para CC.OO., a decisión da empresa forma parte de "unha cadea de despedimentos que a día de hoxe concéntranse nos Representantes Sindicais con formas e feitos propios de tempos pasados", á vez que acusa a Arcatis SLU Eurostars de practicar unha "persecución e represión sindical" cara ao sindicato.


"A persecución sindical é propia da cadea Hotusa (á que pertence este hotel) cuxo presidente é o galego Amancio López, amigo íntimo de Mariano Rajoy", censurou.

POWERED BY BIGPRESS