O litoral de Galicia manterase este domingo baixo alerta amarela debido ao vento e ás ondas superiores aos catro metros en todo a costa galega.

Así o indicou Meteogalicia, que precisa que o litoral da Coruña, a Mariña luguesa e a costa de Pontevedra sufrirán mar de fondo do noroeste durante todo o día e toda a noite, con ondas de entre catro e cinco metros.

Ademais, no que respecta ao vento, A Mariña sufrirá ventos do suroeste, con refachos superiores aos 80 quilómetros por hora. Tamén padecerá refachos de vento desta velocidade a Montaña de Ourense, que tamén está en alerta amarela.

Sobre o vento no mar, este será do suroeste con forza sete en todo o litoral galego.

Aínda que a situación tenderá a mellorar, tal e como explica Meteogalicia, manterase aínda unha situación de mar moi alterada con ondas superiores aos catro metros en todo o litoral galego.

POWERED BY BIGPRESS