// stopdesafiuzamentoslugo.blogspot.com.es
O presidente da plataforma Stop Desafiuzamentos Lugo, Pancho Torrente, asegurou que o número de deshaucios na provincia lucense no que vai de ano mantéñense as cifras de anos anteriores.
En comparecencia ante os medios este venres, calculou que no que levamos de 2016, dos 200.000 desafiuzamentos en Galicia en torno 300.000 localízanse nesta provincia e na súa maioría son "por arrendamentos".
Deste xeito, Torrente puntualizou que "máis de 200" dos casos son por falta de pagamento de aluguer, xa que se reverteu a situación cos bancos "ao quedar moi desacreditados" no pasado "agora prefiren buscar unha solución e evitar un conflito".
"Prefiren non remover (sobre os bancos) e buscan unha solución, pero agora están a crecer os casos por falta de pagamento de aluguer e aquí a responsabilidade é da Xunta e dos servizos sociais dos concellos que actúan tarde, mal e arrastras", lamenta.
ACURRALADO POLAS DÉBEDAS
O presidente da plataforma anti desafiuzamentos de Lugo constatou que agora se envorcan no caso dun empresario do transporte, na cidade amurallada, acurralado polas débedas.
"Estamos a traballar co caso dun home que tivo un negocio de transporte, tivo que apandar con débedas superiores aos trescentos mil euros e hipotecou as súas dúas vivendas e quedou coa débeda e nunha situación desesperada. El di que o sacarán cos pés por diante da súa casa. Casos así se dan con certa frecuencia", relataba.
Finalmente volve sobre os casos que "son similares aos de anos anteriores", insistindo en que se trata de "cifras alarmantes, e as solucións por parte das administracións públicas chegan tarde, mal e arrastras", reitera.