Feijóo: "É máis o que nos une ca o que nos separa"
jueves, 10 de noviembre de 2016, 14:13
O candidato formal á presidencia da Xunta afirmou na súa quenda de réplica que "hai moitos asuntos nos que as preocupacións son comúns", así como as prioridades das forzas políticas, polo que "é máis o que nos une que o que nos separa".
Nese sentido, volveu pedir que "a pesar das diferenzas, non esquezamos o que somos, os representantes dun pobo unido, que se respecta e que cre en si mesmo". Así, volveuse reivindicar como "militante de Galicia".
E, aínda que lle "dá a sensación" de que os voceiros da oposición se están "presentando como candidato ou candidata dos seus partidos", Feijóo asegura que vai "defender a todos os galegos e as galegas votaran o que votaran".