O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) organiza, en colaboración coa Escola de Deseño e Moda Goymar Galicia, un ciclo de conferencias sobre o futuro da moda, impartidos por profesionais do sector que achegarán a súa experiencia.


O ciclo, que se desenvolverá os martes 8, 15 e 22 de novembro, en horario de 19,30 a 21,00 horas, ten por obxecto "explicar os principais alicerces da moda ética e sustentable, conceptos que, segundo diversos expertos, van supoñer unha verdadeira revolución na nosa forma de entender a moda durante os próximos anos", indican os promotores.


As conferencias, de libre acceso previa inscrición, comezarán este martes cunha titulada 'Moda con impacto positivo' a cargo da deseñadora e fundadora de 'Slow Fashion Next', Xema Gómez. 'Recicla e vencerás' ou 'Humanizando a moda' serán outras das conferencias a cargo de deseñadores e fundadores de firmas de moda.

POWERED BY BIGPRESS