O BNG da Coruña celebra que a protección da contorna da Torre de Hércules está "cada vez máis preto". Así, explicou que o pleno deste luns recolle o decreto onde se dispón a iniciar o expediente de modificación puntual do PXOM que impedirá a construción de novos volumes edificatorios no barrio de Durmideiras.


Trátase, indicou o BNG coruñés nun comunicado, do primeiro dos trámites para a protección real e efectiva da contorna da Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade.


Este procedemento, asegurou o BNG, nace da moción presentada por este partido para o pleno de setembro na que se solicitaba o acordo para iniciar os trámites necesarios para levar a cabo unha modificación parcial do PXOM na que se contemple unha nova ordenación na contorna da Torre de Hércules que non permita construcións na zona buffer de protección.


Co inicio do mencionado trámite, a organización frontista entende que a protección da contorna da Torre de Hércules "cada vez está máis preto".

POWERED BY BIGPRESS