O tramo do Corredor do Morrazo entre Rande e a ligazón de Meira permanecerá pechado ao tráfico desde as 10,00 horas deste mércores e ata o próximo 20 de decembro para avanzar nas obras de desdobramento da autovía "coas máximas condicións de seguridade".

Segundo informou a Xunta, o tráfico restablecerase durante o período de Nadal --entre o 21 de decembro e o 8 de xaneiro-- para non interferir no tráfico nestas datas. Posteriormente, volverá pecharse ata o final do prazo previsto para as voaduras máis importantes, o 23 de xaneiro.


Esta alternativa, que lles foi presentada o pasado venres aos concellos de Cangas e de Moaña, é a única de todas as analizadas coa que os técnicos ofrecen garantías de minimizar os riscos e concentrar os traballos de maior entidade no menor tempo posible.

Esta solución permitirá que, ao longo deste período de peche da circulación, os traballos se desenvolvan de forma continua e a un ritmo moi intenso, con intervención en domingos e festivos.

Os veciños desta comarca contan coa alternativa do transporte público para facilitar a súa mobilidade, polo que poden consultar na web tmg.xunta.gal os horarios do autobús e do transporte da ría.

A Xunta está tamén traballando nun estudo que aborda a intersección con semáforos na estrada PO-551, entre Moaña e a ponte de Rande, e que propón posibles modificacións na súa regulación para mellorar a circulación neste tramo durante o tempo que se prolongue o peche, xa que a estrada rexistrará un incremento de vehículos.


POWERED BY BIGPRESS