A colectividade galega está a gravar un disco de cancións tradicionais que contará con 16 temas tradicionais e se chamará 'Bos Aires celebra Galicia', evento que se comezou a realizar no 2014 na capital arxentina e do que saíu a iniciativa.
Á dita gravación asistiu o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que está de visita institucional en Arxentina e Uruguai. No marco da viaxe, tamén visitou a exposición de fotografía 'José Suárez. Uns ollos vivos que pensan', inaugura a pasada semana no Centro Cultura Borges de Buenos Aires, a cal estará aberta ata o próximo 9 de novembro.
A exposición, organizada pola Cidade da Cultura de Galicia, a Delegación da Xunta en Buenos Aires e a Embaixada de España en Arxentina, é a maior realizada ata o momento sobre o fotógrafo de Allariz, a cal comezou o seu percorrido en Santiago en 2015.