Lance do partido en Balaídos. //Foto: RC Deportivo


O primeiro derbi galego da temporada deixou os tres puntos en Balaídos. O 4-1 final púxoo, para o Celta: Hugo Mallo, Iago Aspas por partida dobre e Orellana. O goleador deportivista foi Albentosa.

O encontro comezou como se agardaba, con intensidade, cun Celta que se foi apropiando da iniciativa no xogo, pero con imprecisións, e un Dépor que buscaba sorprender nalgún contragolpe.

Á media hora chegou o primeiro tanto, obra do capitán celeste Hugo Mallo. Igualou pouco máis tarde Albentosa de cabeza nunha acción a balón parado que lle deu ás ao club herculino para rematar mellor ao descanso.

Co 1-1 no marcador, reanudouse o encontro cun guión similar ao da primeira metade, co Celta sen dominio e o Dépor, sen chegada e sufrindo en defensa, aferrándose ao balón parado para crear perigo.

E cando o equipo vigués recuperou o dominio, unha man de Sidnei dentro da área permitiulle a Iago Aspas romper o empate, que xa non volvería lucir no marcador. Cumpríase a hora de partido, o Dépor non conseguiu reaccionar e só chegou a sentenza do equipo celeste: un remate de Orellana ao fío do minuto 80 e outro gol de Aspas pouco depois puxeron o 4-1 final. O dianteiro de Moaña rompe así a súa maldición, pois non marcara aínda nun derbi galego.

POWERED BY BIGPRESS