Tres acusados de estafar a inquilinos a través de contratos de aluguer de pisos aceptaron dous anos de cárcere como responsables dos delitos de apropiación indebida e de estafa.

En concreto, nunha vista de conformidade levada a cabo na mañá deste xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, os tres acusado, un home e dúas mulleres, aceptaron un ano de cárcere polo delito de apropiación indebida e outro ano de prisión polo de estafa.

Ademais, terán que pagar unha multa de 540 euros, apreciándose a atenuante de reparación do dano para un deles, xa que se abonou a responsabilidade civil aos clientes estafados. Así mesmo, acordouse que non ingresen en prisión sempre que non volvan delinquir nos próximos dous anos.

O caso procedía do Xulgado de Instrución número 4 de Vigo e, para eles, Fiscalía solicitaba até cinco anos e medio de prisión como supostos autores dun delito de apropiación indebida e outro de estafa.

Tal como explicaba o Ministerio público no seu escrito de acusación, foi en maio de 2023 cando unha das acusadas formalizou un contrato de aluguer dun piso situado en Nigrán (Pontevedra) como empregada dunha inmobiliaria.

Así, actuando en conivencia co seu compañeiro e a dona da empresa, cobraron 600 euros como sinal para a reserva dun inmoble á clienta, que non podería entrar ao mesmo até setembro. Días despois, a futura inquilina solicitoulles o diñeiro, debido a que atopara outro piso ao que si podía acceder de forma inmediata, dándolle "todo tipo de escusas para non devolverlle o diñeiro", cantidade que quedaron os acusados.

Tamén cobraron un sinal de 800 euros para un aluguer turístico sen que a dona do inmoble estivese de acordo coas condicións do aluguer da súa vivenda, quedánse con esa cantidade os acusados.

POWERED BY BIGPRESS