Celta-Murcia e Betis-Dépor nos dezaseisavos da Copa do Rei
viernes, 14 de octubre de 2016, 12:41
1/16 de final de la Copa del Rey. //Foto: @rfef twitter
Sorte desigual para os equipos galegos no sorteo dos dezaseisavos da Copa do Rei. O Celta medirase ao UCAM Murcia, que milita na actualidade na Segunda, mentres ao Dépor lle tocou enfrontarse ao Betis.
Os partidos de ida serán o 30 de novembro e a volta, o 21 de decembro, aínda que as datas non son definitivas e poden sufrir modificacións.
Ambos os dous clubs galegos acollerán a volta da eliminatoria no seu campo; a priori, unha vantaxe.
Mentres, do resto dos cruces que saíron do sorteo desta mañá, o Barça enfrontarase ao Hércules, o Real Madrid á Cultural Leonesa e o Atlético de Madrid medirase ao Guijuelo.