A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a adxudicación do procedemento aberto convocado para a contratación do servizo de implantación e desenvolvemento do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) nas Rías Baixas.

A través deste contrato, adxudicado á empresa Auren Consultores por un importe de 100.000 euros, a institución provincial pretende sumar 30 novas empresas máis acreditadas co distintivo SICTED.

"O Goberno da Deputación de Pontevedra ten entre os seus eixos de traballo o impulso do sector turístico, ao ser este un dos principais motores económicos da provincia", explicou a presidenta da Deputación pontevedresa, Carmela Silva.

POWERED BY BIGPRESS