Unións Agrarias continúa este xoves coa campaña de boicot contra a multinacional francesa Lactalis cunha acción informativa á entrada do hipermercado Alcampo, en Área Central (a partir das 12,00 horas).
Así, os produtores sinalarán as marcas de produtos elaborados por Lactalis para que os consumidores non os compren por "a actitude que a empresa francesa ten cos gandeiros galegos".
O sindicato agrario denuncia que Lactalis "está a impoñer no campo uns contratos de aprovisionamento que provocan caídas encadeadas de prezo".
Ademais, UU.AA. censura "a retención da renda" que Lactalis "impón aos gandeiros ao non trasladarlles os dous céntimos por litro acordados coa distribución" tras as mobilizacións do pasado mes de decembro. Por este motivo, o sindicato presentou unha denuncia no xulgado de Vilalba por unha suposta "apropiación indebida" de dous millóns de euros.