Entre o ruxe ruxe da venda do club, no extradeportivo, e as cousas que comezan a ir mellor na liga, o Celta recibe este serán o Panathinaikós grego. Balaídos volve acoller dez anos despois un partido de competición europea.


Despois do punto sumado en Bélxica contra o Standard de Lieja, os celestes agardan facer valer o empuxe da afección propia e a boa xeira na que chegan (7 puntos nos últimos 3 partidos) para sacar un resultado positivo pensando en superar a fase de grupos. O adestrador, Berizzo, manifestou na previa do encontro que son quen de se impoñer ao rival que sexa. Na mesma comparecencia, Iago Aspas expresou o seu desexo de "que desfrute a afección tanto como o vou facer eu no campo".


Ante o líder da liga grega, Berizzo, que deu a lista de convocados no día previo ao encontro, manterá o bloque de titulares, pero dará oportunidade a algún dos suplentes pensando na visita do Barça do domingo en Liga.

POWERED BY BIGPRESS