A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do deputado delegado de Turismo, Santos Héctor, presentou este xoves o Plan de Usos e Viabilidade do Castelo de Soutomaior, unha "aposta máis seria" para este histórico enclave "que pode dar maiores rendementos" e que, entre outro obxectivos, define o seu novo papel e oferta un novo produto de turismo cultural e de lecer.


O goberno provincial quere crear "unha experiencia turística de calidade", tanto na atención ao visitante como nos recursos e servizos ofertados, "achegando maior gozar e coñecemento do recinto", segundo explicaron.


A presidenta da Deputación detallou as catro áreas de intervención no Castelo de Soutomaior que virarán ao redor do parque, do castelo, do enoturismo e da hostalería.


Tamén se realizará un complexo da camelia cunha casa do té e no que terán lugar xornadas, talleres florais e de cosmética e tamén un completo do enoturismo con adega, cata-degustación, exposicións, visitas ás viñas e eventos corporativos do viño.


E en relación á hostalería ampliarase a oferta de aloxamento diúrno para eventos con cabanas e ampliarase a oferta de restauración con caterings, picnics, autoservizo, vending e outros.


A presidenta da Deputación manifestou que "se trata dun plan moi ambicioso que se ten que levar adiante de forma progresiva e que conta cun orzamento para esta lexislatura entre os 3 e 4 millóns de euros", dos cales xa se investiron 210.000 euros.


VISITAS TEATRALIZADAS


Entre o 23 de setembro e o 23 de outubro a Deputación poñerá en marcha as visitas teatralizadas ao castelo de Soutomaior que durarán aproximadamente 45 minutos e nelas os visitantes poderán ver a Pedro Madruga, María Vinyals ou Emilia Pardo Bazán.


As visitas, que terán lugar de xoves a domingo (os xoves e venres ás 17,00 horas, os sábados ás 11,00 horas e ás 17,00 horas e os domingos ás 11,00 horas) terán un custo de dous euros e necesitan reserva previa por teléfono en Turismo Rías Baixas.



POWERED BY BIGPRESS