Unións Agrarias (UU.AA.) inicia este venres, 16 de setembro, en Lugo, unha campaña de boicot contra Lactalis "pola actitude que a empresa francesa ten cos gandeiros galegos".


A finais de xullo Unións Agrarias presentou denuncia ante a Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA), dependente do Ministerio de Agricultura, contra Lactalis pola "imposición" dun novo contrato con prezos á baixa para comprar leite a uns 1.200 gandeiros galegosNese momento avanzou que volvería mobilizarse cunha campaña de boicot contra esta empresa.


Segundo UU.AA., Lactalis "está a impoñer" no campo uns contratos de aprovisionamento que "provocan caídas encadeadas de prezo". Así mesmo, o sindicato denuncia tamén a "retención de renda que Lactalis impón aos gandeiros, ao non trasladarlles os dous céntimos por litro acordados coa distribución", tras as protestas do pasado mes de decembro.



POWERED BY BIGPRESS