Segundo informa a CRTVG a xuíza de Ribeira que instrúe o caso podería chamar a declarar ás testemuñas do caso ‘Diana Quer’ esta semana. Trataríase daquelas persoas que tiveron contacto coa moza antes da súa desaparición e que xa foron interrogadas pola Garda Civil. O venres tiñamos constancia dun amplo rastrexo en Rianxo e Boiro, e polo momento non se prevén máis batidas con voluntarios.
Segundo relatou o director xeral da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa, coa batida do venres esperaban atopar indicios do paradeiro da moza despois de que os demais rastrexos non aportasen pista algunha nunha investigación que calificou de “altamente complexa” e que continúa baixo secreto de sumario.
A garda civil analiza agora as gravacións das cámaras próximas ao lugar de desaparición da moza. Trátase de sete días de material de visionado ademais de 16.000 matrículas que estudar. Tamén están centrando os seus esforzos en detectar e analizar todas as chamadas móviles que se produciron ata o momento da desaparición na zona.
PERFIL DE SOSPEITOSO
Segundo información publicadas polo Diario de Arousa, o equipo de investigación que está levando a desaparición dende hai xa 22 días, podería contar xa cun perfil e incluso a identificación dalgún sospeitoso no caso ´Diana Quer´. Tras a etapa final de recopilación de testemuños, indicios en batidas e probas, fontes indican ao mesmo diario que os pasos que se están dando son “firmes”.
Esta información publicada polo diario foi tamén compartida pola famila de Diana a través do grupo 'Ayuda Diana María Quer' que foi creado tras a desaparición da moza madrileña para recopilar información sobre o caso e facer chamadas de axuda.